Saltar ao contido

Branko Milovanović

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBranko Milovanović
Biografía
Nacemento13 de xaneiro de 1973 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
Osečina, Serbia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1992 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1990–1995 Omladinski Fudbalski Klub Beograd 72(10)
1995–1996   Deportivo da Coruña 12(0)
1996–1998 Vitória Sport Clube 26(4)
1998–1999 AEK Atenas FC 14(2)
1999–2000 Ethnikos Asteras 27(3)
2000–2001 FK Milicionar 12(1)
2001–2003 Sporting du Pays de Charleroi 14(0)
2003–2005 FK Vojvodina 21(1)

Branko Milovanović (en serbio: 'Бранко Миловановић'), nado o 13 de xaneiro de 1973 en Osečina, é un exfutbolista iugoslavo. Xogaba de centrocampista e o seu primeiro equipo foi o OFK Beograd. Militou ademais en equipos das ligas española, portuguesa, grega e belga.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado na vila serbia de Osečina, formouse como futbolista nas categorías inferiores do Podgorka Osečina, o RFK Budućnost e, dende os 16 anos, o OFK Beograd. Neste último equipo fixo o seu debut como profesional na tempada 1992/93, xogando tres tempadas co club na liga iugoslava. Disputou 71 encontros de liga e marcou 10 goles.

Na tempada 1995/96, fichou polo Deportivo da Coruña, por petición persoal do adestrador John Benjamin Toshack, que xa tentara a súa contratación na súa etapa anterior na Real Sociedad.[1] Debutou co club coruñés na segunda xornada de liga de Primeira División, na derrota por 4-0 contra o Compostela en San Lázaro, substituíndo na segunda parte do partido ao seu compatriota Miroslav Đukić. Xogou trece encontros ao longo da tempada, a maioría deles como suplente. Sen sitio no equipo na tempada seguinte, foi incluído na operación de traspaso de Nuno, pasando o iugoslavo a xogar no Vitória Sport Clube de Guimarães.[2]

Tras dúas tempadas no Vitória, pasou polo fútbol grego, xogando no AEK Atenas e o Ethnikos Asteras, antes de regresar no ano 2000 ao fútbol serbio, para militar no FK Milicionar de Belgrado. A continuación xogou dúas tempadas no Charleroi belga e pechou a súa carreira no FK Vojvodina de Novi Sad.

En xuño de 2012 fíxose cargo da secretaría técnica do UD Las Palmas, cargo que ocupou durante dous anos.[3][4] Posteriormente pasou a traballar en diferentes áreas do club canario.[5]

  1. "El Dépor le ganó al París Saint Germain enla pugna por el joven centrocampista Milovanovic". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de abril de 1995. p. 24. 
  2. "Nuno llega, Milo se va". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de outubro de 1996. p. 51. 
  3. ""Branko Milovanovic, nuevo secretario técnico de UD Las Palmas"". Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 2012. Consultado o 19 de xuño de 2012. 
  4. "Juanito y Branko Milovanovic abandonan la UD Las Palmas" (en castelán). 23 de xuño de 2014. Consultado o 6 de setembro de 2021. 
  5. "Branko Milovanovic anuncia en Grecia que regresa al staff de la UD" (en castelán). 21 de maio de 2018. Consultado o 6 de setembro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]